PROCEDEMENTO
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica.
Para acceder á aplicación pulse aquí: fondolibros
Para presentación presencial deberá entregar a documentación no edificio Uceira:(09:30-13:30h)
Recorden que deberán manter as normas de distanciamento e seguridade.
PRAZOS
Prazo de presentación de solicitudes: Do 20 de maio ao 19 de xuño
(ambos incluídos).
Publicación da listaxe provisional: 10 de xullo.
Reclamacións:13 e 14 de xullo.
Publicación da listaxe definitiva:16 de xullo.
As listaxes publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio Uceira.
Xunto coa solicitude presentarase a seguinte documentación:
-Copia do libro de familia ou documentación equivalente, onde figure o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
- En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
- Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:
- Certificado ou volante de convivencia.*
- Informe dos servicios sociais ou do órgano equivalente do concello onde reside a familia.
* Non se considera válido o certificado de empadronamento.
DOCUMENTACIÓN | DESCARGA |
Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto. | ![]() |
Nota informativa para as familias. | ![]() |
IMPRESO DE SOLICITUDE (anexo I e II) | ![]() |
Para máis información na sede Electrónica da Xunta de Galicia: SEDE ELECTRÓNICA